martes, 22 de outubro de 2013

COMO SE MANIFESTA A AUTOESTIMA

Exprésase a si mesma na armonía existente entre o que un di e o que fai e na forma que un ten de mostrarse, expresarse e de moverse.
E na actitude de curiosidade e de apertura ante as novas ideas, ás novas experiencias, ás novas posibilidades de vida.
E no feito de que os sentimentos de ansiedade ou inseguridade, se aparecen, con probabilidade se prestarán menos á intimidación ou á angustia, pois aceptalos, manexalos e elevarse por enriba rara vez resulta excesivamente difícil.
E na capacidade de gozar dos aspectos alegres da vida, dun mesmo, dos demais.
E na flexibilidade persoal ao responder a situación e a desafíos, xa que se confía nun mesmo e non se ve a vida como maldición ou fracaso.

E no benestar propio ao mostrar un comportamento asine (non belixerante) consigo mesmo e cos demais.
E nunha capacidade de preservar o equilibrio e a dignidade en situacións de estrés.
Ademais, a un nivel puramente físico, podemos observar características do seguinte tipo:
Vemos uns ollos alerta, brillantes e cheos de vida; un rostro relaxado e que (exceptuando quizais os casos de enfermidade) tende a exhibir unha cor natural e unha boa tersura na pel; un queixo aliñado co corpo, sostido con naturalidade, e unha mandíbula relaxada.
Os ombros relaxados e rectos e as mans relaxadas e soltas; os brazos colgan de forma doada e natural; unha postura carente de tensión, recta e equilibrada; tende a ser decidido (sen ser agresivo e recargado).
A relaxación implica que non nos escondemos de nós mesmos nin nos mantemos en guerra contra nós mesmos.
A voz tende a ser modulada cunha intensidade apropiada á situación e cunha clara pronunciación.
Obsérvese que a palabra relaxación aparece unha e outra vez. Implica que non nos escondemos de nós mesmos e que non estamos en guerra por ser os que somos. A tensión permanente expresa a mensaxe de que existe algún tipo de ruptura interna, algunha forma de querer evitarnos a nós mesmos ou de repudiarnos, algún aspecto dun mesmo que rexeitamos ou que está atado a unha correa moi tirante.






Ningún comentario:

Publicar un comentario